Events
A IV edición do festival científico CinVigo trasáldase á beira do mar!
Baixo o lema “Ciencia na rúa”, durante a fin de semana do 25 e 26 de abril de 2026, a zona do Náutico de Vigo (Avenida da Beiramar, a carón do monumento a Xulio Verne) acollerá este evento, organizado polo CINBIO (Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Unviersidade de Vigo e pertencente á Rede CIGUS), no que a cidadanía poderá coñecer os proxectos involucrados nunha feira científica protagonizada por alumnado de ESO, Bacharelato e FP, pero tamén participar activamente noutras actividades divulgativas como a xincana inclusiva e os obradoiros científicos para a cativada e para maiores de 65.

Máis información en Cinvigo - CINBIO!
“CinVigo. Ciencia na rúa” é posible grazas á financiación da Xunta de Galicia e da Unión Europea, ademais de contar co apoio do Consello Social da Universidade de Vigo, do Concello de Vigo, da Autoridade Portuaria de Vigo e outras entidades como Radio Vigo, Büchi, Jasco, Frutas Nieves, ou Portomédica, que se suman á colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Ademais, CinVigo tamén conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade a través do Plan Corresponsables.