Events
O director científico da spin-off BFlow, Bruno K. Rodiño, visitaranos o 16 de febrero para impartir un seminario + sesión práctica sobre “BFlow, como transferir unha idea do laboratorio ao mercado”.
Esta é unha oportunidade para coñecer de primeira man a tecnoloxía desenvolvida por BFlow, empresa recentemente galardoada co premio Bioga BioEmpresa Xove.
BFlow nace de anos de investigación colaborativa entre grupos de óptica, física e cardioloxía, co obxectivo de desenvolver novos modelos para reproducir a fisioloxía humana en laboratorios de investigación. O que comezou como unha idea para mellorar a investigación cardiovascular levou á creación de BFlow, que ten como obxectivo comercializar sistemas Organ-on-a-chip para a industria farmacéutica para mellorar significativamente o descubrimento e desenvolvemento de novos fármacos.
Este seminario terá lugar na sala de audiovisuais do modulo 6 do CINBIO entre as 12:00 e as 13:00 horas do xoves 16 de febreiro.
As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa plaza a través do seguinte formulario de inscrición: