Events
O xoves 14 de maio ás 11:00 horas, Juan Pérez, investigador e líder do grupo Neurocircuits do CINBIO, impartirá o seminario “A lamprea como modelo animal de experimentación”.
A formación será presencial na sala de seminarios da Torre CACTI.
Este seminario forma parte da formación continuada para o persoal que traballa con animais de experimentación e outros fins científicos segundo a Orde ECC566/2015.

Short bio:
Juan Pérez realizou a súa tese na Área de Bioloxía Celular da Universidade de Vigo, empregando técnicas moleculares e anatómicas para analizar a historia evolutiva dos receptores dopaminérxicos e do neuropéptido Y. Durante a súa etapa posdoutoral, no Instituto Karolinska de Estocolmo, comezou a empregar técnicas electrofisiolóxicas para analizar circuítos visuais e dopaminérxicos. No ano 2019, consegue un proxecto como investigador independente e unha praza como Assistant Professor no Instituto Karolinska, pero ese mesmo ano consegue unha axuda Ramón e Cajal, polo que decide volver á Universidade de Vigo. Actualmente é Profesor Titular e IP Júnior no CINBIO, onde combina técnicas electrofisiolóxicas e neuroanatómicas para analizar circuítos neuronais implicados no control da mirada. Ao longo de toda a súa carreira científica, empregou a lamprea como modelo animal, aproveitando a súa posición evolutiva e as vantaxes que ten para facer preparacións experimentais únicas.