Events
O xoves 2 de xullo de 2026 celebraremos un novo seminario de Transferencia de coñecemento e interacción co sistema de I+D organizada pola Unidade de Xestión da Ciencia do CINBIO, que terá lugar na Sala do edificio CITEXVI, no campus universitario de Vigo.
Neste seminario abordaranse estratexias para a comercialización da innovación, principais tendencias innovadoras, e oportunidades de financiamento en este ámbito.
O evento forma parte do programa EMPREN+AP, unha iniciativa promovida polo CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Univesidade de Vigo e pertencente á Rede CIGUS, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), e financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) en colaboración co Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e a Oficina Nacional de Asesoramiento Científico (ONAC), que busca fomentar a cultura da innovación no ámbito académico en colaboración coa administración pública.
PROGRAMA
XOVES – 2 DE XULLO
10:00 h. Apertura da xornada
10:15 h. A lóxica das políticas públicas e as iniciativas de emprendemento como parte da innovación social. Enrique José Varela Álvarez. Decano da Facultade de Dirección e Xestión Pública. Universidade de Vigo.
11:00 h. Break
11:30 h. Xestión dos resultados de investigación, o papel das unidades de innovación como ferramenta de apoio á innovación.
12:30h. Peche da xornada. Reflexións sobre o aprendido no programa EMPREN+AP.
13:00 h. Comida networking.