News
O 14 de decembro a nosa compañeira Diana Valverde, líder do Laboratorio de Enfermidades Raras, participou xunto coa investigadora do CIM Paloma Morán na xornada "A relación entre o sexo, o xénero e as enfermidades" da Escola de Igualdade María Vinyals, impusada pola Deputación de Pontevedra e o centro de investigacións CINBIO.
Fotos da Deputación de Pontevedra
Tras a intervención de Diana Valverde cun relatorio que da nome á xornada, participaron no evento diversos investigadores e investigadoras do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. As súas charlas abordaron temas como o cancro, as enfermidades pulmonares ou as enfermidades neurodexenerativas desde unha perspectiva de xénero.
Foto da Deputación de Pontevedra
Pódese consultar aquí o programa completo do evento.