GL EN

News

29 January 2024A labor de I+D+i do CINBIO chega ata InnovAmes

O pasado venres tivo lugar a terceira edición de InnovAmes, unha xornada de innovación organizada polo Concello de Ames, que contou coa presenza de grandes referentes locais do ámbito científico-tecnolóxico. Entre os 20 stands nos que estiveron representadas varias empresas do concello ou as tres universidades galegas, tamén estivo presente o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO), coa participación dos investigadores do grupo SING e parte do equipo de xestión do centro.

Durante toda a xornada, que foi realizada no Pavillón Polideportivo do Milladoiro, houbo unha alta participación por parte do alumnado e do equipo docente dos centros de ensino do Concello de Ames. As rapazas e rapaces participantes no evento puideron descubrir as novidades da segunda edición do festival científico CinVigo, organizado polo CINBIO nesta ocasión coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnlogía (FECYT);  ademais  de achegarse ao fascinante mundo da Intelixencia Artificial a través do proxecto ClinIA e o proxecto PolyDeep, ambos desenvolvidos polo grupo SING, pertencente ao CINBIO.