GL EN

News

10 January 2021África González, gañadora do premio Women CEO

África González foi recentemente galardoada co premio Women CEO, dentro da categoría de muller e ciencia. Este premio busca recoñecer o traballo das mulleres científicas, nun campo no que aínda queda moito por recorrer.

A nosa investigadora destacou tamén durante os últimos meses pola súa labor de divulgación no contexto da pandemia da Covid-19. Así, este premio non é só un recoñecemento a súa faceta investigadora, senón tamén á docente e emprendedora.

Aquí tes unha selección de artigos dos diferentes medios que se fixeron eco da nova:

     - Artigo do DUVI

     - Artigo de GCiencia

     - Artigo de El Correo Gallego

     - Artigo de Galicia Press

     - Artigo de El Español

     - Artigo de Vigo É

     - Entrevista de Nós Diario