GL EN

News

Alumnado do IES Johan Carballeira visita o CINBIO
13 October 2020

Alumnado do IES Johan Carballeira visita o CINBIO

A pasada semana, alumnos do programa de bacharelato en ciencia e tecnoloxía (STEMbach) do IES Johan Carballeira, situado en Bueu, visitaron o centro para comprobar como é o traballo nos nosos laboratorios. O proxecto STEMbach caracterízase porque o alumnado do mesmo realiza actividades complementarias de formación xunto con universidades e outras entidades investigadoras, elixindo neste caso o CINBIO para aprender máis sobre a nanotecnoloxía.

Así, mediante o proxecto “Descubrindo a nanotecnoloxía: fabricación de nanopartículas de ouro de diferentes cores para o seu uso en biosensores” tratouse de achegar aos participantes a este campo descubrindo as súas bases, que residen no cambio das propiedades dos materiais cando se encontran na escala dos nanómetros.

Persoal investigador do TeamNanoTech e do Magnetic Materials Group foi o encargado de ensinar aos alumnos o seu proceso de traballo. Concretamente, a investigación elixida foi a fabricación de nanopartículas metálicas de ouro, con tamaños e formas controladas, aportando tamén información sobre o seu uso no campo dos biosensores. Durante estas xornadas seguiuse un plan de traballo consistente en diferentes actividades centradas no estudo sobre a síntese de nanopartículas.

As xornadas remataron cos alumnos recibindo produtos de merchandising do CINBIO como agasallo, realizados grazas ao cofinanciamento dos fondos FEDER. Quedamos coa esperanza de que grazas a esta grande experiencia cada un dos participantes propóñase un futuro investigador no campo científico.