GL EN

News

15 December 2023Mercedes Peleteiro e Nuria Estévez visitan a Escola de Educación Infantil Monte da Guía

Con escasos 3 anos de idade tamén se pode experimentar coa ciencia. Deste feito poden dar boa conta as pequenas científicas e os pequenos científicos da Escola de Educación Infantil Monte da Guía, en Vigo, que este xoves recibiron unha visita moi especial da responsable do servizo de Citometría do CINBIO, Mercedes Peleteiro, e da investigadora do grupo de Filoxenómica, Nuria Estévez.

Este grupo de 13 pequenas e pequenos científicos tiveron a oportunidade de descubrir os diferentes estados da auga a través dun divertido experimento a base de sal, auga quente e auga fría, e no que empregaron como principais instrumentos esponxas e pipetas.

Desde o CINBIO agardamos que fose unha experiencia enriquecedora e seguiremos achegando a ciencia a públicos de todas as idades.