GL EN

News

29 November 2023Mercedes Peleteiro, responsable do servizo de citometría do CINBIO, visita o CEP Igrexa-Valadares

A divulgación científica é un dos pilares dun centro de investigación como o CINBIO, que pretende achegar a ciencia a todo tipo de públicos. Con este obxectivo, o persoal deste centro, especializado en Nanomateriais e Biomedicina, adoita visitar centros educativos da nosa contorna para realizar divertidos obradoiros ou impartir charlas divulgativas que aclaren conceptos e esperten a curiosidade científica da rapazada.

Como parte deste ciclo de charlas de divulgación científica, a responsable do servizo de citometría do CINBIO Mercedes Peleteiro visitou esta semana ao alumnado de 6º de Primaria do CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares, de Vigo, para falarlles da importancia da vacinación. Baixo o título de "Vacinación? Máis vale previr que lamentar", foron un total de 22 rapazas e rapaces de entre 11 e 12 anos os que asistiron a esta charla enmarcada dentro do ciclo de conferencias científicas do proxecto "Descubrindo o Norte", promovido por este centro educativo vigués co fin de achegar ao seu alumnado o mundo da ciencia e da investigación. Tras unha amena explicación arredor dos misterios do sistema inmunitario, a actividade rematou cun interesante debate entre a científica do CINBIO e o alumnado asistente.

Agardamos que fose unha moi boa experiencia para a futuras e o futuros científicos de Valadares!