GL EN

News

28 June 2024O CINBIO protagoniza unha campaña viral que reivindica Vigo como referente na investigación en nanomateriais e biomedicina

O Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), cofinanciado con fondos FEDER, estivo este mes de xuño detrás dunha misteriosa e viral campaña de comunicación que, baixo o lema principal de "Vigo, capital de Galicia", encheu as cidades de Santiago de Compostela e A Coruña de carteis que defendían o dereito e os méritos da cidade olívica para ser a capital da nosa comunidade. Tras unha semana de incerteza, a campaña chegou ao seu fin engadindo un dato importante á mensaxe inicial: "Vigo, capital de Galicia EN CIENCIA".

Fotografía dos carteis da campaña

O lanzamento dun CGI (Computer Generated Imagery; imaxe xerada por un ordenador, traducido do inglés) a través das redes sociais do centro tamén formou parte desta mesma campaña. No citado CGI podíase ver como unha lona co mesmo eslogan se despregaba na fachada da Catedral de Santiago de Compostela ante o asombro das persoas que se atopaban na Praza do Obradoiro. Unha acción que representa todo un hito, xa que é a primeira vez que é empregada por unha marca galega.

Captura do vídeo CGI

O obxectivo do CINBIO con esta acción era visibilizar que, pese a non ser capital de Galicia, Vigo é unha cidade referente en algo moito máis importante: a investigación en nanomateriais e biomedicina.

Grazas ao traballo do seu equipo humano, o CINBIO conseguiu situar á cidade de Vigo á cabeza da investigación no ámbito de nanomateriais e a biomedicina en Galicia. Neste sentido, o director do CINBIO Miguel Correa sinalou que “partindo da mensaxe de que Vigo non é capital de provincia nin da comunidade, queremos trasladar á sociedade no seu conxunto o inmenso potencial do noso persoal investigador e o éxito que está a ter na procura de solucións para mellorar a calidade de vida das persoas”. Correa engadiu que “contar cun centro como o CINBIO no que se están a desenvolver traballos de moi alto nivel é un feito clave do que os vigueses e viguesas deberían sentirse orgullosos. De forma oficial, non contamos coa capitalidade provincial ou rexional, pero de forma oficiosa, somos unha das referencias científicas na nosa comunidade”.

A longo da súa semana de duración, a campaña converteuse en viral e cunha repercusión na prensa local e rexional.

Impacto en medios: