News
Un ano máis, desde o CINBIO celebramos unha xornada de reunión de todo o persoal investigador, equipo técnico e de xestión.
Baixo o título de "#teamCINBIO Gathering", esta xornada de proxección do centro, centrouse en analizar e poñer en común os últimos resultados obtidos polo Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, facer un repaso das novas incorporacións, así como dos cambios nas liñas estratéxicas que marcarán o futuro do centro.
O condutor da xornada foi Miguel Correa, director científico do CINBIO, centro cofinanciado con fondos FEDER. A xuntanza rematou cun pequeno ágape no que o persoal do CINBIO puido compartir as súas impresións e finalizar a xornada pasando un bo rato entre compañeiras e compañeiros.