GL EN

Novas

15 febreiro 2024O persoal do CINBIO celebra unha xornada sobre a proxección do centro

Un ano máis, desde o CINBIO celebramos unha xornada de reunión de todo o persoal investigador, equipo técnico e de xestión.

Baixo o título de "#teamCINBIO Gathering", esta xornada de proxección do centro, centrouse en analizar e poñer en común os últimos resultados obtidos polo Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, facer un repaso das novas incorporacións, así como dos cambios nas liñas estratéxicas que marcarán o futuro do centro. 

O condutor da xornada foi Miguel Correa, director científico do CINBIO. A xuntanza rematou cun pequeno ágape no que o persoal do CINBIO puido compartir as súas impresións e finalizar a xornada pasando un bo rato entre compañeiras e compañeiros.