GL EN

Oferta de traballo: Técnico en Valorización de Software

Oferta de traballo: Técnico en Valorización de Software

Start Date: 13 February 2018
End Date: 19 February 2018
1.722,31€ brutos/mes
Tempo completo

Dende o Grupo de Investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research) da Universidade de Vigo, no marco da súa actividade na Rede Tecnolóxica de Matemática Industrial (TMATI)infórmase da apertura da convocatoria dun Contrato de Técnico en Valorización de Software, cofinanciado entre a Rede TMATI e Grupo SiDOR a través das axudas de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia (convocatoria 2016).
Características do posto ofertado:

– Duración: 6 meses.
– Inicio previsto de contrato: 9 de marzo de 2018.
– Salario: 1.722,31€ brutos/mes.
– Centro de traballo: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus Universitario As Lagoas-Marcosende (Vigo).

Presentación de candidaturas:
– Mediante correo electrónico dirixido a sidor@uvigo.es, indicando no asunto: Praza SiDOR: Técnico Valorización Software.
– Documentación: carta de presentación, expediente académico, CV e documentación acreditativa dos méritos recollidos nel.
– Prazo de presentación de candidaturas: ata as 14:00 horas do 19 de febreiro de 2018.
Máis información dispoñible na web de SiDOR.