GL EN

Events

19out2018 XORNADA: Un día no Cinbio 24 January 2019

Programa de la xornada, en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

20 nenos e nenas entre microscopios, vacinas e ADN.

A xornada Un día no Cinbio fixo posible que unha vintena de rapazas e rapaces coñecesen de primeira man, e experimentando,  o traballo que se realiza nos laboratorios do centro de investigacións biomédicas. A súa directora, a catedrática África González, foi a encargada de darlles a benvida, e explicoulles que o equipo conta cunha elevada presenza de mulleres profesionais das áreas STEM, ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas e, feito, dos 225 profesionais que traballan nel, o 54% son mulleres.

Obradoiros:

10.00 Recepción e Benvida

10.20 Entrega de material

10.30 Histoloxía e microscopía

11.00 Inmunoloxía

11.30 Nutrición

12.30 Citometría

13.00 Química de nanopartículas

13.30 Agradecemento e despedida

Máis información:  Duvi

Fotos da Xornada: