Eventos
Programa de la xornada, en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
20 nenos e nenas entre microscopios, vacinas e ADN.
A xornada Un día no Cinbio fixo posible que unha vintena de rapazas e rapaces coñecesen de primeira man, e experimentando, o traballo que se realiza nos laboratorios do centro de investigacións biomédicas. A súa directora, a catedrática África González, foi a encargada de darlles a benvida, e explicoulles que o equipo conta cunha elevada presenza de mulleres profesionais das áreas STEM, ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas e, feito, dos 225 profesionais que traballan nel, o 54% son mulleres.
Obradoiros:
10.00 Recepción e Benvida
10.20 Entrega de material
10.30 Histoloxía e microscopía
11.00 Inmunoloxía
11.30 Nutrición
12.30 Citometría
13.00 Química de nanopartículas
13.30 Agradecemento e despedida
Máis información: Duvi.
Fotos da Xornada: