Events
Ven coñecer a 'Ciencia con C de CINBIO'!
Un ano máis, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), pertencente á Rede CIGUS, celebra o seu ciclo de divulgación científica "Ciencia con C de CINBIO" co principal obxectivo de dar a coñecer ao público xeral as investigacións e a ciencia que se está a levar a cabo na actualidade no centro, dando visibilidade ao traballo diario do #teamCINBIO.
Se tes curiosidade e queres experimentar coa ciencia, esta é a túa oportunidade!
Xornada de Portas Abertas do CINBIO - visita o centro de investigación
O venres 18 de setembro de 2026 a partir das 16:00 horas CINBIO celebrará unha xornada de portas abertas na que poderás visitar as nosas instalacións do campus universitario de Vigo. Unha actividade de balde e para todos os públicos, na que será necesario reservar praza.
Trátase dunha iniciativa cofinanciada pola Xunta de Galicia e pola Unión Europea (Fondos FEDER).
Proximamente máis información.