Events
O mércores 10 de xuño de 2026 celebraremos unha xornada para compartir experiencias, desafíos e leccións aprendidas na creación dunha spin-off. Organizada pola Unidade de Transferencia e Innovación do CINBIO, terá lugar na Sala do edificio CITEXVI, no campus universitario de Vigo. Eva López Barrio, responsable do programa Woman Emprende e coordinadora do proxecto Innovatia 8.3, impartirá unha sesión formativa nesta materia.
O evento forma parte do programa EMPREN+AP, unha iniciativa promovida polo CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Univesidade de Vigo e pertencente á Rede CIGUS, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), e financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) en colaboración co Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e a Oficina Nacional de Asesoramiento Científico (ONAC), que busca fomentar a cultura da innovación no ámbito académico en colaboración coa administración pública.
PROGRAMA:
MÉRCORES– 10 DE XUÑO
10:00 h. Apertura da xornada
10:15 h. Programa Woman Emprende.
- Eva López Barrio (Coordinadora do proxecto Innovatia 8.3, USC).
11:00 h. Break
11:30 h. Presentación de spin-offs
12:30 h. Mesa Redonda: Casos de éxito na creación de spin-offs: experiencias, desafíos e leccións aprendidas na creación dunha empresa.
Participantes na mesa:
- Pablo Cabanelas, CEO de Neutron Insights
- Daniel García, CEO e Cofundador de EnergHius
- Juliana Cruz, CEO e Cofundadora de Biosolve4all e de NIT-NITTextile
13:45 h. Peche da xornada e comida networking.
Para asistir é necesario inscribirse previamente a través do seguinte formulario:
En todo caso, calquera dúbida será atendida en cinbio.tech.transfer@uvigo.gal
Grazas.