GL EN
Twitter bSky

Eventos

EMPREN+AP: Casos de éxito na creación de spin-offs 10 xuño 2026 Sala do edificio CITEXVI

Formación transversal

mércores 10 de xuño de 2026 celebraremos unha xornada para compartir experiencias, desafíos e leccións aprendidas na creación dunha spin-off. Organizada pola Unidade de Transferencia e Innovación do CINBIO, terá lugar na Sala do edificio CITEXVI, no campus universitario de Vigo. Eva López Barrio, responsable do programa Woman Emprende e coordinadora do proxecto Innovatia 8.3, impartirá unha sesión formativa nesta materia.

O evento forma parte do programa EMPREN+AP, unha iniciativa promovida polo CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Univesidade de Vigo e pertencente á Rede CIGUS, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), e financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) en colaboración co Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e a Oficina Nacional de Asesoramiento Científico (ONAC), que busca fomentar a cultura da innovación no ámbito académico en colaboración coa administración pública.

PROGRAMA:

MÉRCORES– 10 DE XUÑO

10:00 h. Apertura da xornada

10:15 h. Programa Woman Emprende.

  • Eva López Barrio (Coordinadora do proxecto Innovatia 8.3, USC).

11:00 h. Break

11:30 h. Presentación de spin-offs

12:30 h. Mesa Redonda: Casos de éxito na creación de spin-offs: experiencias, desafíos e leccións aprendidas na creación dunha empresa.

Participantes na mesa:

  • Pablo Cabanelas, CEO de Neutron Insights
  • Daniel García, CEO e Cofundador de EnergHius
  • Juliana Cruz, CEO e Cofundadora de Biosolve4all e de NIT-NITTextile

13:45 h. Peche da xornada e comida networking.

Para asistir é necesario inscribirse previamente a través do seguinte formulario:

Formulario EMPREN+AP

Datos



A información incluída no presente documento é confidencial, sendo para uso exclusivo da persoa destinataria. En virtude do artgo 14 do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de proteción de datos (LOPDGDD), informámoslle que os seus datos de contacto están sendo tratados baixo a responsabilidade de CINBIO coa finalidade da xestión da calidade dos servizos. Vostede ten dereito a solicitarnos, en calquer momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse a dito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos sus datos. Máis información en: https://www.uvigo.gal/universidade/informacion-institucional/proteccion-datos-0

En todo caso, calquera dúbida será atendida en cinbio.tech.transfer@uvigo.gal

Grazas.