Events
O martes 26 de maio de 2026 celebraremos unha Xornada de Capacitación Científico-Tecnolóxica, organizada pola Unidade de Transferencia e Innovación do CINBIO e que terá lugar na Sala do edificio CITEXVI, no campus universitario de Vigo. Esta xornada contará cunha serie de actividades deseñadas para promover a transferencia de resultados e o emprendemento en nanomateriais e biomedicina.
O evento forma parte do programa EMPREN+AP, unha iniciativa promovida polo CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Univesidade de Vigo, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) en colaboración co Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e a Oficina Nacional de Asesoramiento Científico (ONAC), que busca fomentar a cultura da innovación no ámbito académico en colaboración coa administración pública.

PROGRAMA
MARTES– 26 DE MAIO
09:00 h. Apertura e presentación da Xornada.
09:30 h. Conferencia inaugural: A importancia da transferencia de tecnoloxía no emprendemento. Pendente de confirmar.
10:15 h. Proxectos innovadores e casos de éxito do CINBIO:
- Miguel Correa, IP do grupo TeamNanoTech, CINBIO
- Herminia Dominguez, IP do grupo de Biomasa e Desenvolvemento Sostible, CINBIO
- Francisca Rodrigues. Investigadora do Instituto Politécnico do Porto (ISEP)
11:00 h. Break
11:30 h. Proxectos innovadores e casos de éxito do CINBIO:
- Africa Gonzalez, IP do grupo de Inmunoloxía, CINBIO
- María Mayán, IP do grupo CellCOM, CINBIO
12:15 h. Da idea científica á proposta de valor: constrúe a túa spin-off.
Dinamiza: Pëtri
13:45 h. Peche da Xornada e comida networking.
Para asistir é necesario inscribirse previamente a través do formulario que estará dispoñible proximamente.
En todo caso, calquera dúbida será atendida en cinbio.tech.transfer@uvigo.gal
Grazas.