GL EN
Twitter bSky

Eventos

EMPREN+AP: Xornada de Capacitación Científico-Tecnolóxica 26 maio 2026 Sala do edificio CITEXVI

Formación transversal

martes 26 de maio de 2026 celebraremos unha Xornada de Capacitación Científico-Tecnolóxica, organizada pola Unidade de Transferencia e Innovación do CINBIO e que terá lugar na Sala do edificio CITEXVI, no campus universitario de Vigo. Esta xornada contará cunha serie de actividades deseñadas para promover a transferencia de resultados e o emprendemento en nanomateriais e biomedicina.

O evento forma parte do programa EMPREN+AP, unha iniciativa promovida polo CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Univesidade de Vigo, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) en colaboración co Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e a Oficina Nacional de Asesoramiento Científico (ONAC), que busca fomentar a cultura da innovación no ámbito académico en colaboración coa administración pública. 

PROGRAMA

MARTES– 26 DE MAIO

09:00 h. Apertura e presentación da Xornada.

09:30 h. Conferencia inaugural: A importancia da transferencia de tecnoloxía no emprendemento. 

  • Dr. Fernando Jimenez Saez, Profesor Titular da UPV, investigador en INGENIO (CSIC-UPV) e coordinador do programa DINA -ITK.

10:15 h. Proxectos innovadores e casos de éxito do CINBIO:

  • Miguel Correa, IP do grupo TeamNanoTech, CINBIO
  • Herminia Dominguez, IP do grupo de Biomasa e Desenvolvemento Sostible, CINBIO
  • Francisca Rodrigues. Investigadora da Faculdade de Farmácia da Universidade do Porto

11:00 h. Break

11:30 h. Proxectos innovadores e casos de éxito do CINBIO:

  • Africa Gonzalez, IP do grupo de Inmunoloxía, CINBIO
  • María Mayán, IP do grupo CellCOM, CINBIO

12:15 h. Taller: Da idea científica á proposta de valor: como converter unha idea científica nun proxecto empresarial viable.

Dinamiza: Pëtri

13:45 h. Peche da Xornada e comida networking.

Para asistir é necesario inscribirse previamente a través do seguinte formulario.

En todo caso, calquera dúbida será atendida en cinbio.tech.transfer@uvigo.gal

Grazas.

Formulario EMPREN+AP

Datos



A información incluída no presente documento é confidencial, sendo para uso exclusivo da persoa destinataria. En virtude do artgo 14 do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de proteción de datos (LOPDGDD), informámoslle que os seus datos de contacto están sendo tratados baixo a responsabilidade de CINBIO coa finalidade da xestión da calidade dos servizos. Vostede ten dereito a solicitarnos, en calquer momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse a dito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos sus datos. Máis información en: https://www.uvigo.gal/universidade/informacion-institucional/proteccion-datos-0