Events
O xoves 15 de outubro de 2026 celebraremos o Foro NaSOS – Nanomedicina sostible: retos e solucións, unha iniciativa que forma parte do proxecto NaSOS, financiado na convocatoria de axudas para o fomento da Cultura da Innovación Pública (I+P) 2025 de FECYT.
O proxecto NaSOS nace co obxectivo de avanzar, mediante asesoramento científico, participación e cocreación, na integración práctica da sustentabilidade na investigación en nanomedicina. Está coordinado polo CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, pertencente á Rede CIGUS, e se desenvolve en colaboración con NanomedCSIC, xunto coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, F.S.P. - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
O evento terá lugar a partir das 10:00 horas na sala de Sala de Seminarios de Torre CACTI.

PROGRAMA | Foro NaSOS – Nanomedicina sostible: retos e solucións
SESIÓN ABERTA (10.00 - 12.45 horas):
** Sesión aberta a toda a comunidade universitaria.
10.00h - 10.10h | Apertura institucional
- Miguel A. Correa Duarte · Director do CINBIO, Universidade de Vigo
- María del Puerto Morales Herrero · ICMM-CSIC; coordinadora de NanomedCSIC
10.10h - 10.20h | Presentación de NaSOS e marco da xornada
Presentación do proxecto, enfoque participativo, catro eixes e resultados agardados, a cargo de:
- Lorena Blach Rodríguez · CINBIO, Universidade de Vigo
- Jade Rivera Rossi · CSIC / NanomedCSIC
10.20h - 11.00h | Relatorio 1 · Integrar a sostibilidade na investigación: por que, para que e por onde comezar
- Miguel Rodríguez Méndez · Universidade de Vigo / GEN / ECOBAS.
11.00h - 11.40h | Relatorio 2 · Cara a unha nanomedicina máis segura e sostible: do deseño á traslación
- Carlos Rumbo Lorenzo · ICCRAM-EST, Universidad de Burgos.
-
Rebeca Alonso Bartolomé · Cofundadora de Nanovex Biotechnologies e directora de I+D de Nalón Innova.
11.40h - 12.00h | Pausa café · Espazo de encontro.
12.00h - 12.45h | Mesa redonda · Condicións para integrar a sostibilidade na investigación en nanomedicina
- Moderación: Patricia Quiroga · ICSEM
- Participantes:
- Luis M. Liz-Marzán · CINBIO / CIC biomaGUNE
- Miguel Rodríguez Méndez · GEN/ECOBAS
- Carlos Rumbo Lorenzo · ICCRAM-EST
- Enrique Rohrer Sobrino · GAIN
- Noelia Vilar Vidal · FEUGA.
SESIÓN TÉCNICA PARTICIPATIVA (12.45 - 17.30 horas):
** Acceso por invitación.
12.45h - 13.00h| Transición · Fin da sesión aberta e preparación dos espazos de traballo.
13.00h - 13.10h | Presentación das mesas de traballo
CINBIO e ICSEM · Obxectivos, dinámica, composición de grupos, roles e recollida de aportacións.
13.10h - 14.50h | Catro mesas temáticas simultáneas
Traballo colaborativo para identificar retos, prácticas, oportunidades e prioridades en cada eixe.
- Mesa 1 · Deseño seguro e sostible da investigación
Carlos Rumbo Lorenzo (ICCRAM-EST) e Miguel Rodríguez Méndez (GEN / ECOBAS). - Mesa 2 · Calidade, fiabilidade e trazabilidade da evidencia científica
Mariana Köber (ICMAB-CSIC / CIBER-BBN) e Natalia Fernández (ICCRAM-EST, Universidad de Burgos). - Mesa 3 · Xestión sostible dos laboratorios e da actividade investigadora
Laura Arregui Egido (coordinadora del Biobanco HUB-ICO-IDIBELL). - Mesa 4 · Aplicación, transferencia e impacto sanitario e social
Noelia Vilar Vidal (FEUGA) e Rebeca Alonso Bartolomé (Nanovex Biotechnologies / Nalón Innova).
As mesas reúnen a persoal do CINBIO e NanomedCSIC e especialistas convidados, co apoio metodolóxico de ICSEM.
14.50h - 15.35h | Almorzo · Espazo de intercambio entre participantes.
15.35h - 15.50h | Preparación do plenario
Cada mesa organiza e sintetiza as súas aportacións principais.
15.50h - 16.50h | Plenario e priorización
Posta en común, contraste de resultados e selección de prioridades.
16.50h - 17.10h | Conclusións e próximos pasos
Síntese e conexión cos talleres de cocreación, a formación e a futura Guía NaSOS.
17.10h - 17.30h | Peche informal · Networking e visita breve opcional ao CINBIO.
DATA: Xoves 15 de outubro de 2026
LUGAR: Sala de Seminarios de Torre CACTI (Campus Universitario de Vigo)
Para asistir é necesario inscribirse previamente a través do seguinte formulario.
En todo caso, calquera dúbida será atendida por marialorena.blach.rodriguez@uvigo.gal.