GL EN
Twitter bSky

Eventos

Foro NaSOS – Nanomedicina sostible: retos e solucións 15 outubro 2026 Sala de seminarios, Torre CACTI

O xoves 15 de outubro de 2026 celebraremos o Foro NaSOS – Nanomedicina sostible: retos e solucións, unha iniciativa que forma parte do proxecto NaSOS, financiado na convocatoria de axudas para o fomento da Cultura da Innovación Pública (I+P) 2025 de FECYT.

O proxecto NaSOS nace co obxectivo de avanzar, mediante asesoramento científico, participación e cocreación, na integración práctica da sustentabilidade na investigación en nanomedicina. Está coordinado polo CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, pertencente á Rede CIGUS, e se desenvolve en colaboración con NanomedCSIC, xunto coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, F.S.P. -  Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

O evento terá lugar a partir das 10:00 horas na sala de Sala de Seminarios de Torre CACTI.

PROGRAMA | Foro NaSOS – Nanomedicina sostible: retos e solucións

SESIÓN ABERTA (10.00 - 12.45 horas):

** Sesión aberta a toda a comunidade universitaria.

10.00h - 10.10h | Apertura institucional

  • Miguel A. Correa Duarte · Director do CINBIO, Universidade de Vigo
  • María del Puerto Morales Herrero · ICMM-CSIC; coordinadora de NanomedCSIC

10.10h - 10.20h | Presentación de NaSOS e marco da xornada

Presentación do proxecto, enfoque participativo, catro eixes e resultados agardados, a cargo de:

  • Lorena Blach Rodríguez · CINBIO, Universidade de Vigo
  • Jade Rivera Rossi · CSIC / NanomedCSIC

10.20h - 11.00h | Relatorio 1 · Integrar a sostibilidade na investigación: por que, para que e por onde comezar

  • Miguel Rodríguez Méndez · Universidade de Vigo / GEN / ECOBAS.

11.00h - 11.40h | Relatorio 2 · Cara a unha nanomedicina máis segura e sostible: do deseño á traslación

  • Carlos Rumbo Lorenzo · ICCRAM-EST, Universidad de Burgos.
  • Rebeca Alonso Bartolomé · Cofundadora de Nanovex Biotechnologies e directora de I+D de Nalón Innova.

11.40h - 12.00h | Pausa café · Espazo de encontro.

12.00h - 12.45h | Mesa redonda · Condicións para integrar a sostibilidade na investigación en nanomedicina

  • Moderación: Patricia Quiroga · ICSEM
  • Participantes:
    • Luis M. Liz-Marzán · CINBIO / CIC biomaGUNE
    • Miguel Rodríguez Méndez · GEN/ECOBAS
    • Carlos Rumbo Lorenzo · ICCRAM-EST
    • Enrique Rohrer Sobrino · GAIN
    • Noelia Vilar Vidal · FEUGA.

SESIÓN TÉCNICA PARTICIPATIVA (12.45 - 17.30 horas):

** Acceso por invitación.

12.45h - 13.00h| Transición · Fin da sesión aberta e preparación dos espazos de traballo.

13.00h - 13.10h | Presentación das mesas de traballo

CINBIO e ICSEM · Obxectivos, dinámica, composición de grupos, roles e recollida de aportacións.

13.10h - 14.50h | Catro mesas temáticas simultáneas

Traballo colaborativo para identificar retos, prácticas, oportunidades e prioridades en cada eixe.

  • Mesa 1 · Deseño seguro e sostible da investigación
    Carlos Rumbo Lorenzo (ICCRAM-EST) e Miguel Rodríguez Méndez (GEN / ECOBAS).
  • Mesa 2 · Calidade, fiabilidade e trazabilidade da evidencia científica
    Mariana Köber (ICMAB-CSIC / CIBER-BBN) e Natalia Fernández (ICCRAM-EST, Universidad de Burgos).
  • Mesa 3 · Xestión sostible dos laboratorios e da actividade investigadora
    Laura Arregui Egido (coordinadora del Biobanco HUB-ICO-IDIBELL).
  • Mesa 4 · Aplicación, transferencia e impacto sanitario e social
    Noelia Vilar Vidal (FEUGA) e Rebeca Alonso Bartolomé (Nanovex Biotechnologies / Nalón Innova).

As mesas reúnen a persoal do CINBIO e NanomedCSIC e especialistas convidados, co apoio metodolóxico de ICSEM.

14.50h - 15.35h | Almorzo · Espazo de intercambio entre participantes.

15.35h - 15.50h | Preparación do plenario

Cada mesa organiza e sintetiza as súas aportacións principais.

15.50h - 16.50h | Plenario e priorización

Posta en común, contraste de resultados e selección de prioridades.

16.50h - 17.10h | Conclusións e próximos pasos

Síntese e conexión cos talleres de cocreación, a formación e a futura Guía NaSOS.

17.10h - 17.30h | Peche informal · Networking e visita breve opcional ao CINBIO.

DATA: Xoves 15 de outubro de 2026

LUGAR: Sala de Seminarios de Torre CACTI (Campus Universitario de Vigo)

Para asistir é necesario inscribirse previamente a través do seguinte formulario.

En todo caso, calquera dúbida será atendida por marialorena.blach.rodriguez@uvigo.gal.

Foro NaSOS - Formulario de inscrición

Datos



A información incluída no presente documento é confidencial, sendo para uso exclusivo da persoa destinataria. En virtude do artgo 14 do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de proteción de datos (LOPDGDD), informámoslle que os seus datos de contacto están sendo tratados baixo a responsabilidade de CINBIO coa finalidade da xestión da calidade dos servizos. Vostede ten dereito a solicitarnos, en calquer momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse a dito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos sus datos. Máis información en: https://www.uvigo.gal/universidade/informacion-institucional/proteccion-datos-0