GL EN

Events

Seminario "Diversa, da academia á industria para maximizar o impacto" 04 May 2023 Sala AV - CINBIO

Formación transversal

Abi Vázquez, co-fundadora y COO de DIVERSA, visitaranos o 4 de maio (de 12h a 13h) para impartir un seminario máis experiencia práctica sobre "Diversa, da academia á industria para maximizar o impacto". Unha oportunidade para coñecer a tecnoloxía desenvolvida por DIVERSA. Será no aula de Audiovisual do CINBIO (Módulo 6).

DIVERSA Technologies é unha empresa de biotecnoloxía e de "drug delivery" fundada en 2022 en Santiago de Compostela como spin-off del Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

Anos de investigación na Unidade de Nanooncoloxía e Terapéutica Traslacional levaron ao desenvolvemento dun novo tipo de nanoemulsións lipídicas biodegradables e biocompatibles. Desenvolveron a tecnoloxía para poder asociar fármacos e biomoléculas complexas, patentárona e fundaron unha spin-off para poder chegar a desenvolver novos nanomedicamentos que poidan impactar na sociedade e mellorar a vida dos pacientes.
Neste seminario contarannos como foi todo o proceso desde a idea ata o mercado.

O seminario rematará cunha breve experiencia “hands-on” para experimentar en primeira persoa o fácil que pode ser facer sistemas de liberación de fármacos nanométricos cos reactivos de DIVERSA.

📆4 de maio.
▶12h a 13h
✔Sala audiovisuais CINBIO (módulo 6)

Inscríbete para asistir ao seminario e á experiencia "hands-on".

Datos persoais




A información incluída no presente documento é confidencial, sendo para o uso exclusivo da persoa destinataria. En virtude do artigo 14 do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de protección de datos (LOPDGDD), informámoslle que os seus datos de contacto están sendo tratados baixo a responsabilidade do CINBIO coa finalidade da xestión da calidade dos servizos. Vostede ten dereito a solicitarnos, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse a dito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Máis información en: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos.