Eventos
Abi Vázquez, co-fundadora y COO de DIVERSA, visitaranos o 4 de maio (de 12h a 13h) para impartir un seminario máis experiencia práctica sobre "Diversa, da academia á industria para maximizar o impacto". Unha oportunidade para coñecer a tecnoloxía desenvolvida por DIVERSA. Será no aula de Audiovisual do CINBIO (Módulo 6).
DIVERSA Technologies é unha empresa de biotecnoloxía e de "drug delivery" fundada en 2022 en Santiago de Compostela como spin-off del Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
Anos de investigación na Unidade de Nanooncoloxía e Terapéutica Traslacional levaron ao desenvolvemento dun novo tipo de nanoemulsións lipídicas biodegradables e biocompatibles. Desenvolveron a tecnoloxía para poder asociar fármacos e biomoléculas complexas, patentárona e fundaron unha spin-off para poder chegar a desenvolver novos nanomedicamentos que poidan impactar na sociedade e mellorar a vida dos pacientes.
Neste seminario contarannos como foi todo o proceso desde a idea ata o mercado.
O seminario rematará cunha breve experiencia “hands-on” para experimentar en primeira persoa o fácil que pode ser facer sistemas de liberación de fármacos nanométricos cos reactivos de DIVERSA.
📆4 de maio.
▶12h a 13h
✔Sala audiovisuais CINBIO (módulo 6)
Inscríbete para asistir ao seminario e á experiencia "hands-on".