GL EN

News

19 May 2023Avaliación do Comité Asesor Externo

Esta semana recibimos a visita da investigadora Marisol Soengas (Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas, CNIO), e dos investigadores Xosé R. Bustelo (Centro de Investigación del Cáncer, USAL-CSIC) e Jesús Jiménez-Barbero (Centro de Investigación Cooperativa en Biociencias, CIC bioGUNE), con motivo da avaliación do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) por parte do Comité Asesor Externo.

Ao longo de dous días, membros do citado comité avaliaron ao CINBIO, combinando a modalidade presencial coa conexión virtual por parte doutros investigadores que forman parte do comité asesor, como Francesco Stellacci (Ecole Polytechnique Fédérale de Laussane) e Xing Yi Ling (Nanyang Technological University).

O Comité Asesor Externo (CAE) trátase dunha comisión de asesoría externa que avalía a estratexia do centro, realizando recomendacións, propostas de mellora e facendo seguimento do proxecto científico que representa un centro de investigación como o CINBIO. Como órgano de asesoramento, consultivo e externo ao noso centro, está constituído por investigadoras e investigadores de recoñecido prestixio en diferentes áreas e especialidades englobadas nas liñas fundamentais do CINBIO.