GL EN

News

31 March 2022Curso sobre citometría de fluxo

Os días 21, 22, 30 e 31 de marzo de 2022 a nosa Responsable do Servizo de Citometría de Fluxo Mercedes Peleteiro impartiu o curso "Introdución á citometría de fluxo", nunha formación tanto teórica como práctica.

As do 21 e 22 foron as sesións dedicadas á parte teórica, explicando conceptos como os fundamentos da citometría de fluxo, os compoñentes e tipos de citómetro e as súas aplicacións. Para esta primeira parte tamén contamos con Samuel García Pérez (IISGS) e Silvia Lorenzo Abalde (do noso grupo de Inmunoloxía).

Por outra parte, o 30 e 31 de marzo celebrouse a parte práctica no noso laboratorio de citometría de fluxo, onde os asistentes puideron traballar na compensación, inmunotipado, cell-sorting e análise de datos.