News
O pasado 1 de xullo, o noso centro celebrou un acto de homenaxe en recoñecemento á traxectoria profesional de catro investigadores/as que este ano iniciaron a súa xubilación:
- Ana Gago
- Ángel de Lera
- José Faro
- José Antonio Lamas

A xornada reuniu ao persoal do centro nun ambiente próximo e emotivo para agradecer a súa dedicación, compromiso e contribución ao desenvolvemento científico e institucional ao longo dos anos. Durante o acto, o director do centro dirixiu unhas palabras de recoñecemento e fíxolles entrega dun pequeno agasallo conmemorativo a cada unha das persoas homenaxeadas.
Os protagonistas da xornada tamén tiveron a oportunidade de compartir unhas palabras cos seus compañeiros e compañeiras, lembrando diferentes momentos da súa traxectoria profesional e agradecendo o agarimo recibido.
O acto rematou cun pequeno pincho de celebración, que serviu como espazo de encontro e convivencia para compartir este recoñecemento con todo o persoal do centro.
Desde o centro queremos expresar o noso máis sincero agradecemento polo seu traballo, dedicación e compromiso, e desexarlles o mellor nesta nova etapa.
