GL EN
Twitter bSky

News

26 October 2026VI Concurso de fotografía CINBIO (2026)

O CINBIO lanza o seu clásico concurso de fotografía científica, que nesta ocasión chega á súa sexta edición.

O VI Concurso de fotografía CINBIO (2026) é unha iniciativa promovida polo Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, e pertencente á Rede CIGUS, co obxectivo de promocionar o traballo desenvolvido no centro a través de fotografías realizadas polo seu persoal investigador.

O concurso ten como finalidade achegar a ciencia á sociedade a través dunha mirada creativa. As fotografías seleccionadas formarán parte do calendario CINBIO 2027, converténdose nunha xanela visual cara ao traballo científico que se desenvolve no centro. Esta iniciativa busca, ademais, fomentar entre o persoal investigador a relevancia da divulgación científica, promovendo novas formas de comunicar os seus avances e de conectar coa cidadanía dun xeito atractivo, accesible e inspirador.

Seleccionaranse 12 fotografías finalistas que conformarán o calendario CINBIO 2027. A fotografía gañadora do concurso obterá como premio unha formación* (a asistencia a un congreso, curso ou similar) valorada en 1000 €*. Ademais, as 11 persoas finalistas restantes entrarán no sorteo dun premio de iguais características.

O prazo para presentar as obras estará aberto do 26 de outubro ao 11 de novembro de 2026 (12.00h). 

Descarga as bases do concurso aquí.

CINBIO conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación.

Como centro adscrito á rede CIGUS (Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia) está cofinanciado con Fondos Europeos.

#teamCINBIO #RedeCIGUS #FondosEuropeos