Novas
O CINBIO lanza o seu clásico concurso de fotografía científica, que nesta ocasión chega á súa sexta edición.

O VI Concurso de fotografía CINBIO (2026) é unha iniciativa promovida polo Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, e pertencente á Rede CIGUS, co obxectivo de promocionar o traballo desenvolvido no centro a través de fotografías realizadas polo seu persoal investigador.
Seleccionaranse 12 fotografías finalistas que conformarán o calendario CINBIO 2027. A fotografía gañadora do concurso obterá como premio unha formación* (a asistencia a un congreso, curso ou similar) valorada en 1000 €*. Ademais, as 11 persoas finalistas restantes entrarán no sorteo dun premio de iguais características.
O prazo para presentar as obras estará aberto do 26 de outubro ao 13 de novembro de 2026 (14.00h). *** Ampliación de prazo ata o 13 de novembro***
Descarga as bases do concurso aquí.
CINBIO conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación.
Como centro adscrito á rede CIGUS (Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia) está cofinanciado con Fondos Europeos.
#teamCINBIO #RedeCIGUS #FondosEuropeos