GL EN

EQ2 - Oferta de tres contratos de investigación ao amparo da axuda para Grupos de Referencia Competitiva (GRC)

EQ2 - Oferta de tres contratos de investigación ao amparo da axuda para Grupos de Referencia Competitiva (GRC)

Fecha Inicio: 14 xuño 2021
Fecha Fin: 20 xuño 2021
1100-1300 € brutos/mes
Tempo completo

O grupo de investigación EQ2 da Universidade de Vigo, na Facultade de Ciencias (Campus de Ourense) oferta tres contratos de investigación ao amparo de la axuda para Grupos de Referencia Competitiva (GRC) da Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

As condicións dos 3 contratos son:
· Meses de agosto e setembro.
· Retribución: entre 1100-1300 euros brutos/ mes.
· Posibilidade de renovación.
· Lugar de traballo: Facultade de Ciencias, Campus de Ourense.

Os candidatos/as deben cumprir os seguintes requisitos:
Titulación requirida: Estudos finalizados de Ciencias Ambientais, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Enxeñería da Enerxía, Química, Enxeñería Química ou titulacións afíns.

Valorarase experiencia en:
• Caracterización de mostras de biomasa vexetal.
• Tecnoloxías de extracción/tratamento (autohidrólise, métodos organosolv, uso de líquidos iónicos ou DES, catálise por zeolitas e/ou ácidos de Lewis, microondas, reactores presurizados) para a produción de furanos e/ou ácidos orgánicos.
• Técnicas analíticas (cromatografía líquida de alta eficacia e espectrofotometría).

A selección dos/as candidatos/as para os 3 contratos realizarase en base a:
• Expediente académico.
• Experiencia de laboratorio.
• Outros méritos.
• Entrevista persoal.

O proceso selectivo será resolto por unha Comisión formada por tres membros do Grupo de Investigación nos prazos establecidos pola Normativa da Universidade de Vigo para contratación laboral temporal. Comunicarase a todos os candidatos/as a resolución desta etapa do proceso selectivo e se convocará a unha entrevista persoal aos candidatos/as preseleccionados; tras o cal se comunicará a decisión definitiva ao candidato/a seleccionado e aos solicitantes que aparezan na lista de reserva.

Os interesados/as deben enviar o seu expediente académico e CV completo en pdf á dirección (biodesost@uvigo.es) ata o 20 de xuño de 2021.