Divulgación
No Cinbio gústanos estar preto de xente e cada ano celebramos os seguintes eventos:

-
Xornadas de portas abertas
Coincidindo coas datas do inicio da actividade formativa, no centro abrimos as nosas portas e realizamos varias actividades de balde nas cidades de Ourense e de Vigo. Esta xornada está enmarcada dentro do programa Divulgando ciencia singular da Universidade de Vigo, e o seu principal obxectivo é achegarlle á sociedade o labor dos investigadores e investigadoras.
-
Visitas de institutos
Co fin de atraer investigadoras e investigadores novos, organizamos visitas de institutos ás instalacións, durante as que o alumnado pode gozar de diversos talleres para aprender como é a vida laboral dentro do campo de investigación. Se queres informarte para organizar unha visita para o teu instituto, ponte en contacto connosco!
-
Pint of Science
Unha das iniciativas máis coñecidas das que formamos parte é o Pint of Science, un evento de divulgación que se realiza en territorio nacional e internacional, onde se fala sobre ciencia cun ton accesible ao público e cunha localización diferente ás típicas deste campo: un bar. Este festival celébrase simultaneamente durante tres días en diferentes bares arredor do mundo.
-
Annual Meeting
Cada ano, organizamos un congreso interdisciplinario co obxectivo de reflectir a multidisciplinariedade do centro con persoas convidadas internacionais en diferentes campos relacionados cos nosos estudos. Realízanse charlas sobre diferentes temáticas e ofrécenselles tanto ao persoal académico coma ao estudantado que poidan compartir os resultados das súas investigacións.
-
Ciclo de conferencias interno
Periodicamente, ofrecemos un ciclo de conferencias interno sobre diferentes temáticas.