GL EN

Events

IYI Meeting 2022 27 December 2022 Sede Afundación Vigo

Xa está en marcha a próxima reunión de persoal investigador no estranxeiro (IYI meeting, http://iyimeeting.com).

O propósito desta xornada é, aproveitar a volta a Galicia polo Nadal de persoal investigador que traballa no estranxeiro, para dar a coñecer o seu traballo, establecer novas relacións, fomentar sinerxías, e estar ao tanto de posibles oportunidades de retorno.

Tras doce anos en A Coruña, este ano celébrase en Vigo, na Sede Afundación o martes 27 de decembro (10h-14h): un evento organizado polo Centro de Investigacións CINBIO (Universidade de Vigo) en colaboración co Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC).

En http://iyimeeting.com está toda a info do evento así como o formulario de rexistro.

Calquera dúbida: iyimeeting@gmail.com