GL EN

Events

Primeiro webinar dos early researchers 09 February 2021 Sala virtual 1 CINBIO

Durante o mes de xuño do pasado ano, oito mozas e mozos investigadores uníronse ao CINBIO para unha estancia de seis meses no centro como early researchers, incorporándose a diferentes grupos de investigación. Unha vez finalizada a súa experiencia, durante os próximos días ofreceranse dous webinars onde cada un deles nos contará máis sobre a súa experiencia e as súas investigacións.

O primeiro deles será o martes 9 de febreiro ás 9:30 na sala virtual 1 do CINBIO. Nel participarán Pilar Gallego García, Belén Arjones Fernández, Julia Majcherkiewicz e Óscar Iglesias Menduíña, pertencentes aos grupos de Filoxenómica, TeamNanoTech, Materiais Magnéticos e ORCHID respectivamente.