GL EN

Oferta de servizos

Bioloxia molecular

Bioloxía Molecular

O servizo de Bioloxía Molecular é un servizo de apoio á investigación onde os equipos utilízanse en réxime de autoservizo desde o punto de vista científico e técnico. O servizo ofrece análises de mostras moi diversas, tanto de ácidos nucleicos como de proteínas, de actividade celular, de diferentes nanomateriais, etc.

O Servizo de Bioloxía Molecular dispón do seguinte equipamento:

  • Equipo de adquisición e análise de imaxe ChemiDocTM XRS+ - Manual

    Lector de placas EnVision - Manual

    Espectrofotómetro NanoDrop 2000 - Manual

Responsable do Servizo

Mercedes Peleteiro Olmedo
Mercedes Peleteiro Olmedo

Responsable

Doutorada en Bioloxía pola Universidade de Vigo (2015), especializouse durante a súa carreira investigadora en Citometría de Fluxo, o que lle permitiu incorporarse ao Cinbio como responsable desta área e da de Bioloxía Molecular.

Colabora activamente nos proxectos de varios grupos de investigación do Cinbio e outras entidades dos eidos biomédico e biotecnolóxico. Ademais, está involucrada en varios programas docentes de divulgación da Universidade de Vigo.