GL EN

Eventos

Falemos de ciencia en igualdade - 2023 26 maio 2023 Sala 1 do Edificio Miralles (Campus Vigo)

Formación transversal

O proxecto “Falemos de ciencia en igualdade” pretende desenvolver unha xornada na que se destaquen as bondades da comunicación e divulgación de ciencia: facendo especial fincapé no uso da perspectiva de xénero, a importancia de visibilizar a muller tanto como protagonista na ciencia como na investigación e fomentando a comunicación inclusiva dende a perspectiva de xénero. Trátase dunha formación transversal para deseñar estratexias de comunicación e divulgación das investigacións que teñan en conta a dimensión de sexo-xénero e a perspectiva de xénero, tal e como recomendan os obxectivos de igualdade recollidos no programa Horizon Europe.

OBXECTIVOS

  • Concienciar á comunidade investigadora e ao estudantado da importancia de facer divulgación e comunicación do traballo de investigación realizado.
  • Introducir a perspectiva de xénero na comunicación e na divulgación para promover a igualdade entre homes e mulleres.
  • Claves para presentar as investigacións de xeito atractivo e captar ao público.
  • Concienciar á comunidade científica feminina da especial importancia da súa divulgación para crear roles en ciencia para nenas e mozas adolescentes, futurascientíficas.

Trátase dunha acción formativa desenvolvida e patrocinada no marco das axudas da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo para a organización de actividades que contribúan á sensibilización en materia de xénero e á transmisión de valores igualitarios na institución académica. Actividade recoñecida con créditos.

9.00h Presentación 

Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

Diana Valverde, subdirectora do CINBIO


9.30h - 10.30h - Sesgo de xénero en divulgación científica
Rompendo coas limitacións visibles e invisibles que atopan as mulleres investigadoras na súa produción científica.

Cintia Refojo Seronero - Responsable da Unidade para o Avance da Comunicación Científica da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).

10.30h - 11.30h - Por que tan poucas? Visibilizando mulleres ao mando
A importancia da creación de equipos e espazos liderados por mulleres e en postos de maior responsabilidade. Concienciación sobre a importancia dos roles femininos en ciencia.

Teresa Piñeiro - Profesora titular da Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade da Coruña.

11.30h - 12.30h - Impulsando o contido das científicas: ciencia, divulgación e xénero
Concienciación da brecha en base a visibilidade das científicas.

Maider Eizmendi - Profesora do Departamento de Xornalismo da Universidad del País Vasco (UPV/EHU).


12.30h - 13.00h Pausa café

13.00h Coloquio aberto - Situación da muller na ciencia dende a perspectiva de xénero e experiencias persoais

Lugar: na Sala 1 do Edificio Miralles (Campus Vigo)

Formulario de asistencia




A información incluída no presente documento é confidencial, sendo para uso exclusivo da persoa destinataria. En virtude do artgo 14 do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de proteción de datos (LOPDGDD), informámoslle que os seus datos de contacto están sendo tratados baixo a responsabilidade de CINBIO coa finalidade da xestión da calidade dos servizos. Vostede ten dereito a solicitarnos, en calquer momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse a dito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos sus datos. Máis información en: https://www.uvigo.gal/universidade/informacion-institucional/proteccion-datos-0