EMPREN+AP
EMPREN+AP
O desenvolvemento de políticas públicas que apoien o emprendemento no ámbito académico é clave para impulsar a creación de novas empresas de base tecnolóxica, fomentar a innovación e incrementar a competitividade dun centro de investigación. Estas políticas e programas ademais de facilitar a transferencia de coñecementos académicos ao sector produtivo, garanten que as tecnoloxías desenvolvidas nos centros de investigación se transformen en produtos que respondan ás necesidades do mercado.
É por elo, polo que o CINBIO presenta o proxecto EMPREN+AP, financiado na Convocatoria I+P pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía en colaboración coa Oficina Nacional de Asesoramento Científico (ONAC). Este proxecto que conta co apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN), contribúe á formulación de políticas públicas de apoio ao emprendemento tecnolóxico en nanomateriais e biomedicina e fortalece a colaboración e vínculos entre o persoal científico do CINBIO e a administración pública que elabora estas políticas.
O núcleo da proposta EMPREN+AP é un programa de emparellamento e formación entre persoal investigador experto en nanomateriais e biomedicina do CINBIO e persoal da Axencia Galega de Innovación, a través dun foro, obradoiro, visita ao CINBIO e reunións persoais.
Objetivos:
Accións a realizar:

