Novas
O Annual Meeting do CINBIO celebrou os días 20 e 21 de xullo a súa sexta edición coa participación de oradores invitados internacionais e nacionais procedentes de diferentes disciplinas abordadas polo Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO), como os nanomateriais, a oncoloxía, a bioinformática, a bioestatísticia, a inmunoloxía, a neurociencia ou a síntese química.
Esta cita anual, organizada por persoal investigador de posdoutoramento do noso centro, consolídase tras seis anos como un encontro científico multidisciplinar de referencia no eido dos nanomateriais e a biomedicina, conseguindo reunir nesta ocasión a preto de 200 participantes procedentes de nove países diferentes.
Acto de apertura
Isabel Pastoriza, investigadora e membro do equipo directivo do CINBIO, que interveu no acto de apertura do congreso, subliñou que este encontro anual, que deu inicio no ano 2017, tense convertido nunha "plataforma para o debate interdisciplinario, facilitando o intercambio de experiencias e achados sobre diversos temas de investigación científica e social". Na apertura do evento, tamén tomou a palabra a vicerreitora de Internacionalización da Universidade de Vigo, Maribel del Pozo, que calificou ao Annual Meeting como "un símbolo de innovación, colaboración e progreso no campo da biotecnoloxía e ciencias da vida". Así mesmo, en representación do Concello de Vigo asistiu Jaime Aneiros, concelleiro de Orzamentos e Facenda.
Nesta sexta edición do encontro, celebrada no edificio Ciencias Experimentais do Campus de Vigo, tiveron lugar un total de 19 presentacións orais e 85 presentacións de pósters, contando ademais coa participación de 11 conferenciantes convidados: Luis Liz Marzán, catedrático de Química Física da UVigo e investigador do CINBIO e do CIC biomaGUNE; Sara Abalde-Cela, investigadora do International Iberian Nanotechnology Laboratory de Braga; Roberto de la Torre Martínez, investigador do Karolinska Institutet de Estocolmo; José Alemán, profesor titular na Universidad Autónoma de Madrid; Sovan Sarkar, profesor titular na University of Birmingham; Manel Juan, xefe da plataforma de inmunoterapia do Hospital Clínic de Barcelona; Patricia Horcajada, directora da Unidade de Materiais Porosos Avanzados da Fundación IMDEA Energía; Cristina Vieira, investigadora do Instituto de Investigação e Inovação em Saúde da Universidade do Porto; Luz Calle, profesora titular da Universitat Politècnica de Catalunya; Katherine Villa, investigadora do Instituto de Investigación Química de Cataluña e Paco Fernández Trillo, investigador distinguido do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía e da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.
Luis Liz-Marzán
Sara Abalde-Cela
Roberto de la Torre
José Alemán
Sovan Sarkar
Manel Juan
Patricia Horcajada
Cristina P. Vieira
M Luz Calle
Katherine Villa
Paco Fernández Trillo
Ademais dos conferenciantes convidados, oito investigadoras e investigadores participaron nas "Short Talks". Na primeira xornada foi o turno de Adriana Carneiro, do INL-Braga; Marta Barandela e Artai Toba, do CINBIO; María Muñoz, do CIMUS; e Edison Huertas e Kai Lois, do CINBIO. María Gallardo, do Insituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur; e Irene da Costa, do CINBIO, foron as participantes das "Short Talks" da xornada do venres.
Adriana Carneiro
Marta Barandela
Artai Toba
María Muñoz
Edison Huertas
Kais Lois
María Gallardo
Irene da Costa
O evento rematou coa entrega de premios á mellor "Short Talk" para Marta Barandela, do grupo Neurocircuits, e ao "Mellor Póster" para Elizabeth Cepero, do grupo TeamNanoTech, ambas pertencentes ao CINBIO.
Marta Barandela e Elizabeth Cepero na entrega de premios
Pola súa banda, o director do CINBIO, Miguel Correa, pechou o encontro agradecendo ao comité organizador o esforzo feito para poder celebrar unha edición máis do xa consolidado Annual Meeting.
O director do CINBIO pechou o evento
Comité organizador