GL EN

Novas

02 outubro 2023O CINBIO amosa a súa investigación ao público vigués durante a G-Night

As científicas e científicos do CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, amosaron á sociedade, unha vez máis, o seu potencial investigador na terceira edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night), unha iniciativa enmarcada dentro do evento desenvolvido simultaneamente o último venres do mes de setembro en preto de 400 cidades europeas.

Desde realizar unha viaxe polo nanomundo ata prender a chispa das neuronas, pasando pola extracción de algas para uso cosmético, ou un arco da vella metálico formado por nanopartículas plasmónicas. Estas son as experiencias divulgativas, ofrecidas polas científicas e científicos dos grupos TeamNanoTech, Neurocircuits, BioDeSost e FunNanoBio do CINBIO; que o público vigués puido coñecer en primeira persoa na expo-feira científica organizada pola UCC+i da Universidade de Vigo no edificio Redeiras da Praza do Berbés en Vigo. Centos de persoas se achegaron ata alí ao longo da tarde do pasado venres para gozar dun serán de lecer científico, celebrado co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións entre as e os máis cativos. 

Actividade ofrecida polo grupo TeamNanoTech

Posto do grupo Neurocircuits

Obradoiro organizado polo grupo BioDeSot

Actividade divulgativa do grupo FunNanoBio

Tamén houbo quen tivo a sorte de asistir ao ciclo de charlas de divulgación científica que, baixo o título de "Ciencia no bar", tivo lugar de maneira simultánea nas cidades de Vigo, Ourense e Pontevedra. Diana Valverde, investigadora e líder do Laboratorio de Enfermidades Raras do CINBIO formou parte deste ciclo coa súa charla "Alén dos Xenes: como o sexo e o xénero impactan nas enfermidades", realizada en conxunto coa investigadora do CIM Paloma Morán, desde o Vitruvia Café de Vigo.

Diana Valverde durante a súa charla

Varios medios de comunicación fixéronse eco desta gran celebración da ciencia e da investigación: