GL EN

Events

III edición do festival científico "CinVigo. Ciencia na rúa" 26 April 2025 Porta do Sol, Vigo

A ciencia reconquistará Vigo na III edición do festival científico CinVigo!

Baixo o lema “Ciencia na rúa”, durante a fin de semana do 26 e 27 de abril de 2025, o centro de Vigo acollerá este evento, organizado polo CINBIO (Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Unviersidade de Vigo), no que a cidadanía poderá coñecer os proxectos involucrados nunha feira científica protagonizada por alumnado de ESO, Bacharelato e FP, pero tamén participar activamente noutras actividades divulgativas como a xincana e os obradoiros científicos, estes últimos especialmente deseñados para público infantil.

Máis información en Cinvigo - CINBIO!

“CinVigo. Ciencia na rúa” é posible grazas á financiación da Xunta de Galicia e da Unión Europea, ademais de contar co apoio do Consello Social da Universidade de Vigo, do Concello de Vigo, da Autoridade Portuaria de Vigo e outras entidades como Radio Vigo, Büchi, Jasco, Frutas Nieves, ou Portomédica, que se suman á colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Ademais, CinVigo tamén conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade a través do Plan Corresponsables.