OFERTA TRABALLO – Bioinformática do SARS-COV-2

OFERTA DE CONTRATO: BIOINFORMATICA DO SARS-COV-2 
– Lugar de Traballo: Laboratorio de Filoxenómica, CINBIO, Universidade de Vigo
– Duración: 12 meses a partir de setembro/outubro
– Retribución bruta: 16.000-25.000 euros anuais dependendo da cualificación

TAREFAS
– Análisis bioinformático de xenomas completos do SARS-CoV-2

REQUISITOS ESENCIAIS
– Experiencia en análise de datos de secuenciación masiva
– Título universitario de máster ou doutoramento en áreas afines
– Nivel de inglés medio-alto

MÉRITOS A VALORAR
– Coñecementos de bioinformática
– Coñecementos de evolución viral
– Programación de scripts
– Experiencia en supercomputación

SOLICITUDES
Ata o 7 de agosto a David Posada (dposada@uvigo.es), con “bioinfo epicovigal” no asunto do correo. Enviar:
– CV (1-3 páxinas)
– carta de motivación (1 páxina)
– datos de contacto de dúas referencias

BENVIDA Á PRIMEIRA PROMOCIÓN DE EARLY RESEARCHERS DO CINBIO

Neste período, O CINBIO foi acreditado como Centro Singular de Investigación dentro das axudas para acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia. Grazas a esta axuda cofinanciada polos fondos FEDER puidéronse realizar unha serie de novas incorporacións que constitúen a primeira promoción de early researchers ou novos investigadores/as do CINBIO.

Tendo en conta QUE un dos nosos obxectivos principais do noso centro é multiplicar o retorno á sociedade en forma de profesionais e de transferencia do coñecemento científico, a decisión do CINBIO de inverter parte destas axudas na captación de capital humano xustifícase para asegurar o futuro das nosas investigacións, sempre co fin último de mellorar a sociedade.

Deste xeito, a maioiría destes novos investigadores e investigadoras son estudantes que se incorporan aos diferentes grupos do centro. En consonancia co noso espírito de internacionalización, non só hai novos membros de Galicia, senón que tamén contamos con xente chegada doutros países da Unión Europea como por exemplo Italia ou Polonia.

Así, os novos membros do CINBIO son Pilar Gallego García, Carlos López Solarat, Belén Arjones Fernández, Paula Piñeiro Varela, Óscar Iglesias Menduiña, Julia Majcherkiewicz, Marta Pita Fernández, Immacolata Maietta e Javier Freire González. Os grupos aos que pertencen son respectivamente Filoxenómica, Enfermidades Raras, TeamNanoTech, Química Coloidal, Química orgánica, Materiais Magnéticos, Física Aplicada e Inmunoloxía, sendo este último grupo o único que conta con dúas novas incorporacións.

Estes novos talentos conseguiron a súa praza nunha dura competición na que se premiaron tanto os esforzos observados a raíz da traxectoria profesional e os méritos académicos de cada un deles como tamén outras calidades que se consideran esenciais para o campo da investigación: unha grande motivación, proactividade, atención ao detalle e habilidade de traballar en equipo.

Por último, só nos queda darlles a benvida na espera de que a súa etapa no CINBIO sexa satisfactoria e productiva, e que por riba de todo lles axude a medrar no seu prometedor futuro profesional como investigadoras e investigadores.

 

PRESENTAMOS O NOVO GRUPO QUÍMICA E FÍSICA DE MATERIAIS

No CINBIO contamos con catorce grupos de investigación consolidados adscritos ás diferentes áreas do centro. Non obstante, dado que nos atopamos continuamente cunha perspectiva de mellora e crecemento, sempre estamos abertos a acoller novos grupos emerxentes. Co fin de ir agrandando a nosa comunidade, este mes inauguramos o grupo de Química e Física de Materiais, liderado polo investigador Lakshminarayana Polavarapu grazas a unha bolsa de investigación Ramón y Cajal e ao cofinanciamento dos fondos FEDER.

Recén chegado da Ludwig Maximilians Universität München (Alemaña), onde lideraba o grupo de Nanocristais de perovskita, este investigador principal é coautor dunha media de 70 publicacións e actualmente conta cun Índice H de 48, roldando as 7000 citas. Ademais, pertence ao comité editorial de Scientific Reports (unha revista de Nature Research) e foi editor invitado da colección temática sobre “Nanocristais de perovskita de haluro” publicada na revista Nanoscale no ano 2019.

Antes disto, o doutor Polavarapu pasou por diferentes universidades e centros de investigación creando un curriculum exemplar. No ano 2005 realizou un Mestrado en Química na University of Hyderabad en India. Posteriormente, obtivo o doutoramento en Fisicoquímica en 2011 pola Universidade Nacional de Singapur. O CINBIO non é estraño para este investigador, xa que despois de obter o doutoramento realizou unha estancia posdoutoral no CIC biomaGUNE e no grupo de Química Coloidal, actualmente liderado por Isabel Pastoriza.

Dende este ano 2020, Lakshminarayana Polavarapu incorporouse como investigador principal dun dos grupos emerxentes do noso centro. Neste equipo, explóranse diferentes enfoques de química húmida para controlar o tamaño, forma e composición de varios nanomateriais e así entender as súas propiedades. O grupo céntrase actualmente en nanocristais plasmónicos coloidais así como en nanocristais de perovskita de haluro emisor de luz, materiais 2D e puntos de carbono. Así mesmo, tamén están a traballar no desenvolvemento de varios enfoques químicos e físicos para o autoensamblado destes nanocristais en arquitecturas ordenadas para explorar o seu comportamento colectivo. Ademais, utilizan un amplo rango de técnicas de espectroscopía óptica para entender a emisión de luz, relaxación do portador de carga e transferencia de carga/enerxía en materiais compostos incluíndo sensores, fotocatálise, fotovoltaicos e dispositivos emisores de luz (LEDs).

Agardamos que este grupo vaia medrando pouco a pouco ata facerse grande nun futuro próximo, e que sexa o protagonista de novas investigacións e avances susceptibles de ser transferidos á sociedade.

Nanopartículas de ouro nas lentes de contacto – TeamNanoTech

Os últimos estudos do grupo TeamNanoTech recollen o emprego de nanopartículas de ouro nas lentes de contacto para protexer o ollo das radiacións nocivas.

O grupo, liderado por Miguel Correa, desenrola a súa investigación no Cinbio arredor dos  nanomateriais e as súas aplicacións médicas tanto na detección e diagnóstico de enfermidades como na administración de médicamentos e novas terapias.

Máis información no artigo do Duvi. ➡️ http://ow.ly/nxOh30qEZu6

Publicación original en Applied Materials Today
➡️
 https://www.sciencedirect.com/science/article/abs/pii/S2352940718306425?via%3Dihub

CINBIO cofinanciado con fondos FEDER.

 

 

CONVOCATORIA ABERTA: POSTDOC/H2020-MSC INDIVIDUAL FELLOWSHIPS AT CINBIO

REFERENCE: CINBIO-MSC. POSTDOC/H2020-MSC INDIVIDUAL FELLOWSHIPS AT CINBIO/UNIVERSITY OF VIGO

Within the framework of the MARIE SKŁODOWSKA-CURIE ACTIONS – INDIVIDUAL FELLOWSHIPS (H2020-MSCA-IF-2020) CINBIO, acting as a host institution, welcomes applications from researchers in the following main areas:

  • Molecular Medicine
  • Nutrition and Bio-Health
  • Nanomaterials
  • Neurosciences
  • Biostatistics
  • Bioinformatics and Innovation

The MARIE SKŁODOWSKA-CURIE INDIVIDUAL FELLOWSHIPS are available for experienced researchers, of any nationality, who must have, at the date of the call’s deadline, a doctoral degree or at least four years of full time equivalent research experience. Eligible candidates must comply with MSCA MOBILITY RULES, included in the H2020 WORKPLAN.

Deadline for applications: 31 July 2020 / MSCA call deadline: 9 September 2020

Requested: Doctoral degree/PhD or at least four years of full time equivalent research experience in areas related to Biology, Chemistry, Mathematics, Informatics, Engineering, Physics, or Medicine.

Skills:

  • Excellent academic record, and strong interest in research, to join an established center with multiple lines of biomedical research, that will sure suit your curiosity.
  • Highest motivation to carry out scientific experiments in a reliable and efficient way, excellent communication skills; and willing to advance on their research pursuit.
  • Focus on the daily work, proactive, attentive to detail, autonomous, and able to collaborate in the lab tasks.
  • Participation on dissemination activities.
  • Command of English language.

Candidates should send before deadline, 31.07.2020:

  1. An application Form (Annex II, filename CINBIO- MSCA_YourName_Form.pdf).
  2. Title and summary of the work plan (written in English); (filename CINBIO-MSCA_YourName_WP.pdf).
  3. A detailed CV / Professional experience (filename CINBIO-MSCA_YourName_CV.pdf).
  4. A motivation letter explaining your trajectory in the last five years and explaining the relevance of your achievements (max. 5000 characters); (filename CINBIO-MSCA_YourName_LETTER.pdf).
  5. Academic record, including one copy of relevant publication written in English (filename CINBIO-MSCA_YourName_DEGREE.pdf).

Information to apply for this call (ANNEX I and II)

The documents should be sent to cinbio.dir.ugestion@uvigo.es . Specify Reference in the email subject: CINBIO-H2020-MSC-IF-YOUR NAME

CINBIO will select candidates that could be invited for a face-to-face or remote interview.

All qualified applications will be considered, and not discriminated against on the grounds of race, colour, religion, sex, sexual orientation, gender identity, nationality, age or disability.

 

Oferta de emprego: TÉCNICO DE LABORATORIO

Oferta de emprego : un/unha técnico de laboratorio para o grupo Team Nano Tech do CINBIO.
job offer

OFERTA DE CONTRATACIÓN:
Contratación dun/dunha Técnico de Laboratorio  para o grupo Team Nano Tech do CINBIO – Campus Vigo Ref. proxecto: CTM2017 84050R

REQUISITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS:
– Licenciado/a  ou Graduado/a en Química ou Física.
– Nivel de inglés alto.
– Capacidade de traballo en equipo.

CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO:
-Tipo de contrato: contrato por obra ou servizo.
– Duración estimada: 6 meses (con posibilidade de renovación)
– Data estimada de inicio do contrato: 10 de abril 2020 (negociable incorporación posterior).
– Retribución: Ata 1.400 euros brutos mensuais segundo valía.
– Xornada a tempo completo : 40 horas semanais (luns a venres)
– Lugar de traballo: CINBIO – Universidade de Vigo, Campus Lagoas-Marcosende.

PROCESO DE SELECCIÓN:
Realizarase en base ao CV actualizado e a experiencia no posto.
Os candidatos mellor valorados serán entrevistados.

O proceso selectivo será resolto por unha comisión formada polo coordinador do grupo e dos membros do grupo de investigación.

O/as interesados/as deberán enviar o seu CV á dirección de e-mail: macorrea@uvigo.es indicando no asunto : TNT-Técnico de Laboratorio

DATA LÍMITE DE RECEPCIÓN DE CANDIDATURAS: 25 DE Maio ás 14:00 PM

Tamén publicada aquí: https://www.euraxess.es/jobs/501210

 

Alumnos do STEMbach visitan o CINBIO

Alumnos Stem Bach
O pasado 3 de Marzo, un total de 14 alumnos procedentes do IES Johan Carballeira en Bueu e o IES República Oriental de Uruguay de Vigo visitaron o CINBIO. Os xóvenes forman parte do proxecto STEMBach coordinado por Marta Teijeira doutora na Facultade de Químicas.


Nas fotografías aparecen xunto a Rosa Simón, Investigadora distinguida do grupo de Inmunología no laboratorio IN1.
CINBIO confinanciado con fondos FEDER.

Oferta emprego CINBIO20-11. 6X EARLY STAGE RESEARCHERS

job offer

CINBIO20-11. 6X EARLY STAGE RESEARCHERS

Salary:  The gross salary is up to 1500 €/month (12 payments per year), depending on experience.

This includes salary and employee social costs, excluding taxes.

Information to apply for this call (ANNEX I and II)
REQUIRED DOCUMENTS CORRECTION:
– Application Form
– CV/Professional Experience
– Academic record
– Motivation letter

Deadline for applications: 21st May2020  (14:00 PM, local time)

 

Also published here:

EURAXESS: https://euraxess.ec.europa.eu/jobs/503428

 

UPDATES:

June 19th, 2020:
FINAL EVALUATION RESOLUTION

June 5th, 2020:

SELECTED CANDIDATES AND RESERVE LIST
Prazo de reclamacións ata o 19 de xuño ás 14h.

May 25th, 2020:

ADMITTED AND REJECTED CANDIDATES 

 

1 2 3 16