GL EN

Novas

07 maio 2024CINBIO, novo membro da Nanotechnology World Association

CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, xa forma parte da Nanotechnology World Association (NWA), unha importante rede formada por 200.000 profesionais do ámbito da nanotecnoloxía.

A NWA é a principal rede profesional que da voz ao sector nanotecnolóxico. A súa misión é promover o crecemento e a integración de innovacións, produtos e servizos relacionados coa nanotecnoloxía, proporcionando medios, ferramentas e servizos que fomenten o intercambio de ideas e información.

O CINBIO, co seu rol de novo membro como centro de investigación, xa conta cun perfil propio no directorio da NWA, no que se poderá incluir información sobre os servizos, eventos e ofertas de emprego; ademais de poder participar en futuras actividades de formación e promoción.
Para un centro de investigación como o noso, formar parte da comunidade da Nanotechnology World Association é unha gran oportunidade que afrontamos con moita ilusión.