GL EN

Instalacións e medios técnicos

Infraestrutura para favorecer a xeración e intercambio de coñecementos

O CINBIO está situado nun edificio de seis módulos divididos en zonas específicas para cada grupo de investigación e zonas comúns onde estes grupos se poidan sentir integrados e crear sinerxías. Máis de 30 laboratorios, salas comúns, de reunións, puntos de encontro e outros espazos destinados a facilitar o labor do persoal investigador nas súas xornadas de traballo.

Ademais da sede central en Vigo, os grupos contan con espazos propios en algunhas facultades do Campus de Vigo e tamén existen varios espazos no Campus de Ourense, onde están instalados dous dos catorce grupos de investigación.

Nas instalacións, atópase equipamento e infraestrutura para favorecer o intercambio de coñecementos, recursos e tecnoloxía tanto entre os propios grupos coma con outras entidades de investigación ou industrias relacionadas

Cinbio, investigadores e investigadoras do máis alto nivel
Cinbio, investigadores e investigadoras do máis alto nivel

Oferta de servizos

Ademais, existen tamén unha serie de servizos de apoio aos investigadores e investigadoras, a maioría deles con persoal técnico asignado:

Reserva os nosos servizos

Bioexperimentación

Bioloxía molecular

Citometría de fluxo

Histoloxía

Laboratorio NCB 3

Microscopia