Divulgación
O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha data que promove a igualdade de xénero no ámbito científico. Con motivo desta celebración, o CINBIO organiza diferentes eventos divulgativos:
- Obradoiros Elas Fan CienTec: actividades prácticas nos laboratorios do CINBIO dirixidas a nenas para achegarllas á ciencia. Estes obradoiros forman parte do amplo programa de actividades do #11FnaUVigo, coordinado desde a súa UCC+i.
- eXXperimenta en Feminino: xornada anual de divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas aberta ao alumnado e ao público xeral en Ourense.
- Charlas e obradoiros en escolas e institutos de Galicia: actividades impartidas por investigadoras do CINBIO para dar a coñecer o seu traballo e o papel da muller na ciencia.
- Outros eventos e materiais conmemorativos: iniciativas innovadoras como “Todas somos ciencia” e a elaboración de vídeos, infografías e outros recursos divulgativos.
Estes eventos contribúen a visibilizar o labor das mulleres científicas, fomentar vocacións científicas e avanzar cara a unha ciencia máis igualitaria.
