GL EN
Twitter bSky

Divulgación

CINBIO Play consiste nunha actividade en modo xogo interactivo dentro da realidade virtual dos distintos laboratorios do CINBIO, onde estudantado ou público xeral poderá participar nunha secuencia de cuestionarios relacionados con temas científicos relativos as antigas áreas de investigación do centro. Foi creado en 2021 para distribuír por centros educativos xunto cunhas gafas 3D pero pódese xogar tanto no móbil coma no ordenador con e sen gafas.

CINBIO Play esta organizado a partir de probas de nivel segundo 3 criterios de dificultade. Isto permite que a experiencia do xogo poida ser adaptada aos niveis de coñecemento do estudantado ou grupos de interese.

O acceso ao xogo realízase a través dunha web específica deseñada para introducir e establecer os distintos niveis de dificultade do usuario. https://cinbio.es/play

CINBIO Play
Play