GL EN
Twitter bSky

Divulgación

Este proxecto busca espertar o interese do alumnado pola investigación e poñer en valor o labor científico desenvolvido en CINBIO. A través da colaboración co profesorado, ofrécense recursos pensados para facilitar o traballo na aula e achegar a ciencia ao estudantado dun xeito práctico e motivador.

O proxecto inclúe unha caixa cun kit experimental e materiais didácticos estruturados en varios bloques: unha presentación de CINBIO, unha introdución á nanotecnoloxía con conceptos básicos e actividades iniciais, aplicacións prácticas da nanotecnoloxía en materiais innovadores, e aplicacións científicas centradas na manipulación da materia a escala atómica. As actividades permiten comprender tanto a utilidade da investigación como as técnicas empregadas neste campo.

O kit experimental proporciona os materiais necesarios para desenvolver as experiencias propostas, facilitando unha aprendizaxe activa e experimental sobre nanotecnoloxía no ámbito escolar.

Kit Experimental
Kit Experimental

Kit Experimental

  • Libreto Nanotech. Proxecto Escolar
  • Patróns de Moiré
  • Area hidrofóbica
  • Area hidrofóbica
  • Acetona
  • Pipetas
  • Placas Petri
  • Tea termocrómica
  • Tea termocrómica
  • Cinta nanotape
  • Cinta adhesiva
  • Xelatina
  • Luz UV
  • Clorato potásico
  • Alxinato