GL EN

Eventos

Charlas informativas Early Stage Researchers 02 maio 2022 Facultades de Química e Bioloxía (UVigo)

O 2 e 4 de maio parte do #teamCINBIO ofrecerá dúas charlas informativas nas facultades de Química e Bioloxía respectivamente, onde explicarán en que consisten as vacantes "Early Stage Researchers" que o centro oferta anualmente.

No 2022, hai unha oferta para 7 vacantes que ten como obxectivo dotar ao alumnado da oportunidade de traballar nos nosos grupos de investigación e facilitarlles a posibilidade de realizar o doutoramento.

O luns de maio a charla será na Aula 27 da Facultade de Química de 10 a 12h, podéndose seguir tamén de maneira virtual a través do Campus Remoto da UVigo. A contrasinal para o acceso a través de "Alumnado" é 7G42kDjm.

O mércores 4 de maio tócalle a quenda á Facultade de Bioloxía, neste caso na Aula 2 do corredor da facultado e tamén de 10 a 12h.

Podes atopar a información completa sobre estas vacantes na sección emprego da nosa web.