GL EN
Twitter bSky

Eventos

Ciencia en Feminino. Catro traxectorias, mil desafíos 05 marzo 2026 Salón de graos, Edificio Ciencias Experimentais

Con motivo do Día Internacional da Muller (8M), convidámosvos a unha xornada inspiradora na que se darán a coñecer as traxectorias de catro mulleres científicas consolidadas en diferentes campos.

📅 Data: 5 de marzo | ⏰ Hora: 12:00
📍Ubicación: Salón de graos, edificio Ciencia Experimentais


Coa participación de:

África González - líder do grupo de Inmunoloxía 
Ana Gago - líder do grupo Innovación en Agroalimentación e Saúde
María Mayán - líder do grupo Comunicación Celular en Cancro e Enfermidades asociadas á idade
Diana Valverde - líder do grupo Enfermidades raras
(traxectorias máis abaixo)

Durante esta sesión interactiva, as nosas panelistas compartirán as súas experiencias e responderán a preguntas como:

  • Como decidiron facer carreira na ciencia?

  • Que as motivou ao longo do seu percorrido?

  • Que barreiras atoparon e como as superaron?

Esta é unha oportunidade única para que o público—principalmente estudantes de ciencia, pero aberta a todas e todos—interactúe directamente coas investigadoras, faga preguntas e obteña orientación para desenvolver a súa propia carreira científica.

Únete a nós nunha mañá dinámica e inspiradora, celebrando ás mulleres que están a dar forma ao futuro da ciencia!

💡 Non perdas a oportunidade de facer as túas preguntas e participar na conversación!

Necesaria inscrición:

Formulario de asistencia




A información incluída no presente documento é confidencial, sendo para uso exclusivo da persoa destinataria. En virtude do artgo 14 do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de proteción de datos (LOPDGDD), informámoslle que os seus datos de contacto están sendo tratados baixo a responsabilidade de CINBIO coa finalidade da xestión da calidade dos servizos. Vostede ten dereito a solicitarnos, en calquer momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse a dito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos sus datos. Máis información en: https://www.uvigo.gal/universidade/informacion-institucional/proteccion-datos-0

África González - líder do grupo de Inmunoloxía 

Doutora en Medicina e Ciruxía. Especialista en Inmunoloxía. Catedrática de Inmunoloxía

A doutora África González é profesora titular de Inmunoloxía na Universidade de Vigo. Foi a anterior directora do Cinbio (2009-2019) e dende 2016 ata 2020 foi presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía. A súa investigación distribúese nunhas cen publicacións e catro patentes. É cofundadora da spin-off NanoImmunoTech (NIT), unha compañía especializada en nanopartículas e biosensores. Este innovador emprendemento levouna á etapa final do Premio para Mulleres Innovadoras da UE 2017. Regularmente, convídana como relatora en congresos e en diferentes medios de comunicación. Ademais, é membro do Real Academia de Farmacia de Galicia (RAFG).



Ana Gago - líder do grupo Innovación en Agroalimentación e Saúde

Diana Valverde - líder do grupo Enfermidades raras