GL EN

Eventos

Inclusión da análise de xénero/sexo na investigación 04 abril 2022 Sala de Seminarios (CACTI - CINBIO)

O 4 e 5 de abril de 2022 contaremos con Capitolina Díaz Martínez de maneira presencial e Andrea Corrales Devesa de maneira virtual para impartir o curso "Inclusión da análise de xénero/sexo na investigación e a innovación." O horario será de 11:00h a 13:30h na Sala de Seminarios CACTI-CINBIO para a parte presencial, cun número limitado de 20 participantes. Tamén haberá unha pausa para o café a metade de xornada durante os dous días.

Por outra parte, as sesións virtuais con Andrea Corrales Devesa impartiránse entre o 5 de abril e o 27 de maio. Para saber os días nos que se celebrarán estas sesións en liña podes ver o programa do curso máis abaixo.

O curso va dirixido a mellorar as competencias do PDI e alumnado de doutoramento na inclusión da perspectiva de xénero tanto nos proxectos de investigación como nas teses de doutoramento e os artigos científicos que poidan derivarse das investigacións.

Preséntase o marco conceptual e legal que sostén a inclusión da perspectiva de xénero na investigación. Faise especial fincapé nas demandas de Horizonte Europa e na convocatoria estatal de proxectos de I+D+i.

Así mesmo, indícase como introducir a perspectiva de xénero en cada unha das fases do proceso investigador, desde a elección do problema a investigar e a selección da mostra, ata a análise dos resultados e o seu posterior publicación.

Preséntanse os principais sesgos sexistas propios das investigacións convencionais e os seus efectos sobre a calidade das mesmas.

Finalmente, revísase a relevancia de introducir o enfoque de xénero en varios campos da investigación e se expoñen exemplos concretos do que implica a análise de xénero neles.

Aquí podes ver o programa completo

Podes realizar a túa inscrición a través do seguinte formulario:

Datos persoais

A información incluída no presente documento é confidencial, sendo para o uso exclusivo da persoa destinataria. En virtude do artigo 14 do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de protección de datos (LOPDGDD), informámoslle que os seus datos de contacto están sendo tratados baixo a responsabilidade do CINBIO coa finalidade da xestión da calidade dos servizos. Vostede ten dereito a solicitarnos, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse a dito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Máis información en: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos.