GL EN

Eventos

Falemos de ciencia en igualdade 28 outubro 2022 Salón de Actos da Facultade de Bioloxía UVigo

O 28 de outubro de 2022 ás 09:15h celebraremos "Falemos de ciencia en igualdade", unha xornada na que se destacarán as bondades da comunicación e divulgación de ciencia facendo fincapé no uso da perspectiva de xénero e a importancia de visibilizar a muller na ciencia e na investigación. Será no Salón de Actos da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

Esta acción desenvólvese no marco das axudas para a organización de actividades que contribúen á sensibilización en materia de xénero e á trasmisión de valores igualitarios na Universidade de Vigo.

PROGRAMA (Os horarios poden sufrir modificacións):

  • 9.15h Presentación
  • 9.30h A comunicación en Ciencia: o que non se ve non existe - Pampa García Molina
  • 10.30h Científicas invisibles - Ariana F. Palomo
  • 11.30h Comunicando en igualdade: por que a linguaxe importa - Capitolina Díaz
  • 12.30h Pausa - Café
  • 13.00h Mesa redonda entre as ponentes

É necesaria inscrición no seguinte formulario:

Formulario de asistencia




A información incluída no presente documento é confidencial, sendo para uso exclusivo da persoa destinataria. En virtude do artgo 14 do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e do artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de proteción de datos (LOPDGDD), informámoslle que os seus datos de contacto están sendo tratados baixo a responsabilidade de CINBIO coa finalidade da xestión da calidade dos servizos. Vostede ten dereito a solicitarnos, en calquer momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse a dito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos sus datos. Máis información en: https://www.uvigo.gal/universidade/informacion-institucional/proteccion-datos-0